"
Menudo pájaro!", engadía o sobriño do xenro de Franco, coñecido nas súas andanzas televisivas pola alcuña de Pocholo. "Non ten pinta de roubar, ten pinta de ser listo", apuntaba despois do
encontro co rexedor.
O polémico documento fora emitido por La Sexta e as andanzas de Antón Campo Fernández, alcalde de Ortigueira, gastando con alegría billetes de cincocentos euros en Ibiza, fixeron que o propio rexedor pedise desculpas durante un pleno extraordinario celebrado neste concello coruñés en outubro do ano pasado. Daquela, a oposición de PSdeG e BNG xa pedira a súa dimisión.
Dimite agora por motivos "persoais e profesionais" Este venres, Antón Campo presentou a dimisión nun escrito onde argumenta que "motivos profesionais e persoais" impídenlle "prestar a dedicación que require tanto o cargo de alcalde coma o de concelleiro". De paso, agradécelle "a todos os compañeiros de corporación, persoal do Concello e, sobre todo aos veciños, o seu apoio e colaboración durante o seu mandato". Campo gobernaba en Ortigueira desde 1999. Nos últimos comicios municipais, e despois dun ano onde brincaron ademais á luz pública algúns
polémicos negocios persoais, os veciños seguíronlle concedendo maioritariamente o favor nas urnas. Así, o recorte de votos fíxolle perder apenas un concelleiro mantendo na actualidade un total de 8 para o PPdeG por 3 para PSdeG e un para BNG.