Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Orde do xuíz

Toda a familia Pinochet ao cárcere

A viúva do ditador, os cinco fillos e máis un grupo de estreitos colaboradores foron enviados a prisión por presunta malversación de fondos públicos.

Redacción - 09:00 05/10/2007

As investigacións sobre a fortuna acumulada polo finado xeneral chileno deron esta semana na detención da familia do ditador. Lucía Hiriart, viúva de Augusto Pinochet, e os seus fillos Verónica, Lucía, Jacqueline, Augusto e Marco Antonio, están presos desde esta quinta feira. Atribúenlles, xunto a un grupo de colaboradores, a presunta implicación no desvío de fondos reservados a numerosas contas secretas en bancos internacionais desde a chamada Casa Militar. Tratábase esta dun comité que funcionaba case ao xeito de ministerio paralelo ao servizo dos intereses do ex xeneral.

Acusados durante anos por deputados da esquerda de gozar de certa "impunidade", non é a primeira vez que teñen que enfrontarse coa xustiza. En 2005 xa foran tamén procesados coma cómplices de fraude tributario a viúva e seu fillo menor. Agárdase que tampouco sexa a última novidade sobre a fortuna de Pinochet e que se siga tirando dun fío de investigación iniciado hai xa tres anos e que tivo un dos seus descubrimentos máis espectaculares na aparición de varias contas secretas no Banco Riggs e noutras entidades onde Augusto Pinochet acumulaba até 27 millóns de dólares.

Poden ampliar na prensa chilena:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: