Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Catro millóns de persoas afectadas

Bush impide que se amplíe a cobertura sanitaria aos nenos desfavorecidos

O presidente estadounidense veta o proxecto de lei para ampliar o programa médico infantil, malia a oposición dos demócratas e parte dos republicanos.

Redacción - 10:42 04/10/2007
Este é o cuarto veto de Bush dende que accedeu á presidencia de EUA

Este é o cuarto veto de Bush dende que accedeu á presidencia de EUA

O proxecto State Children's Health Insurance Program (SCHIP) ofrece cobertura médica a máis de seis millóns de persoas, a maioría nenos de familias con escasos recursos que, por ter ingresos superiores aos indicadores de pobreza non se poden ver beneficiados polo Medicaid, mais tampouco poden aforrar abondo para pagar un seguro privado.

O presidente de EUA, George Bush, decidiu vetar o proxecto de lei que ampliaría este programa a outros catro millóns de persoas, xa que segundo afirmou "levaría o sistema de saúde deste país á dirección errónea", e ocasionaría graves prexuízos ás aseguradoras privadas.

Este é o cuarto veto do mandatario estadounidense dende que accedera á presidencia do seu país. O proxecto de lei, impulsado polo Partido Demócrata, contaba cun amplo respaldo nas filas do Partido Republicano, quen advertiron do custe político que poderían pagar nas eleccións de 2008.

De ser adoitada, a medida suporía ampliar o custo do programa sanitario infantil de 5.000 a 7.000 millóns de dólares anuais, por un período de cinco anos, e reduciría de xeito importante a cifra de nenos sen cobertura médica en EUA, que actualmente é de nove millóns.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: