Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promesas incumpridas

Lento e escaso esforzo da comunidade internacional en Darfur

Apenas oito milleiros de soldados van ser despregados a comezos do ano que vén polas Nacións Unidas e a Unión Africana.

Redacción - 09:00 03/10/2007

No segundo plano en canto ás prioridades internacionais, segundo o roteiro actual, Darfur verá outra vez nos próximos meses como os compromisos estabelecidos cara á solución do problema son outra vez incumpridos.

Esta semana, un alto mando das forzas nixerianas que están na zona baixo o mando da Unión Africana advertía do problema, sinalando que en canto ao despregue dos soldados que deberían garantir o control dos enfrontamentos na zona, apenas un terzo dos necesarios estarán aló en xaneiro.

O pasado mes de agosto, o acordo votado por unanimidade no Consello de Seguridade da ONU autorizaba as accións necesarias, incluída a "forza" de ser necesaria para a prevención de ataques, protección da poboación, mellora da seguridade, reparto de axuda humanitaria e despregue do Acordo de Paz para Darfur. Daquela, o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, dixera confirar en que este sería un paso decisivo para pechar "un capítulo tráxico na historia africana" que deixou xa centos de miles de mortos e máis de dous millóns de desprazados dos seus fogares.

O confito de Darfur agrava ademais outras crises próximas, coma é o caso da que sofre a República Centroafricana, a onde foxen milleiros de persoas desde Darfur que enchen campos de refuxiados neste país.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: