Este ano houbo un 5 % máis de denuncias en todo o Estado. En Galiza, 2.198 mulleres denunciaron as súas parellas ou ex parellas por malos tratos.
Un total de 2.198 mulleres presentaron en Galiza unha denuncia contra a súa parella ou ex parella por malos tratos durante os meses de xuño, xullo e agosto, segundo os últimos datos oficiais.
Deste xeito Galiza situouse como a quinta comunidade do Estado con maior número de denuncias, por detrás de Andalucía, Madrid, Valencia e Canarias.
200 denuncias diarias en todo o Estado
No Estado Español 17.805 mulleres denunciaron este verán ter sufrido malos tratos, o que supón unha cifra próxima ás 200 denuncias diarias, un 5,2 % máis do que o pasado verán.
En todo o Estado faleceron unhas 57 mulleres a man da súa parella ou ex parella.
Ao parecer as mulleres de entre 21 e 40 anos son as que presentan un maior número de denuncias, seguidas daquelas con idades comprendidas entre os 41 e os 50 anos. A meirande parte das denunciantes son mulleres con nacionalidade española.