Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSÍBEL USO DUNHA ARMA DE FOGO

AMAL nega ter sabotado catro parques eólicos

Responden ás insinuacións da patronal eólica, que alerta de que os ataques sucederon os mesmos días que as camiñatas de "resistencia nacional"

Manuel Vilas - 16:20 02/10/2007
Logotipo de AMAL

Logotipo de AMAL

A Asociación de Montaña Augas Limpas (AMAL) publicou un comunicado oficial no que se desvincula das sabotaxes a catro parques eólicos. A Gardia Civil está a investigar ataques ás centrais de Serra do Faro, Careón, Cova da Serpe e O Suído este setembro. O caso da Serra do Faro é o máis grave, pois fontes empresariais apuntan que foi un disparo contra un cable a causa do curtocircuíto que parou os muíños durante nove días.

O desmentido de AMAL -unha asociación de ecoloxistas con vínculos co independentismo- prodúcese a raíz dos datos verquidos pola Asociación Eólica de Galicia (AEG), a patronal dos aeroxeneradores. Sen acusar directamente aos nacionalistas, a AEG destacou que varias sabotaxes se realizaron os mesmos días que a AMAL organizou marchas para “denunciar sobre o terreo aos responsábeis da destrución do patrimonio galego”.

Pintadas co logo de AMAL
En particular a AEG destaca que o sabotaxe da Serra do Faro produciuse o día 19, o mesmo día no que -como se pode comprobar na web da Asociación- había unha marcha de AMAL. Nos muíños de vento tamén apareceron pintadas coa sinatura deste grupo.

Con todo, a AMAL nega “andar destruíndo campos eólicos durante marchas convocadas publicamente e abertas á participación de calquera amante da montaña (periodistas incluídos)”. Para atopar aos responsábeis das sabotaxes, a Asociación anima aos empresarios a cavilar sobre porque os parques están a “apañar o odio de ecoloxistas, veciños e comuneiros”.

"Resistencia nacional"
Na convocatoria das marchas AMAL aseguraba que "deixaremos a nosa pegada sinalando aos responsábeis de tantas desfeitas que inzan o país. É a nosa contribución modesta á formación dunha comunidade de resistencia nacional".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: