Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tensión no fútbol

O partido entre Cataluña e os EUA xogarase “con ou sen autorización”

O executivo catalán reacciona á decisión da Federación Española de impedir que se dispute o encontro.

Redacción - 11:20 06/09/2007

O goberno catalán insiste en que o partido entre a selección de Cataluña e os EUA se vai disputar “con ou sen a autorización” da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A secretaria do Deporte, Anna Pruna, dixo nunha entrevista na emisora RAC1, que é un “acto de soberanía” e que a Federación Catalá (FCF) ten personalidade e competencias propias. Ademais, a selección norteamericana xa confirmou as súa presenza en Barcelona o 14 de outubro.

En declaracións a VilaWeb, o presidente da FCF, Jordi Roche, dixo que viaxará este xoves aos Estados Unidos para manter unha reunión coa Federación Estadounidense de Fútbol a fin de semana en Chicago. O mesmo medio púxose en contacto coa federación norteamericana, dende onde lle manifestaron que non entendían os motivos da prohibición do partido.

Ademais, a Plataforma Pro Seleccions Esportives Catalanes puxo en marcha unha campaña de envío de correos electrónicos ao presidente da RFEF, Ángel María Villar, para protestar contra a non autorización do partido. O mesmo fixeron o Barça e o Espanyol.


4,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: