Xabier Gómez Noya parte como favorito para o
campionato do mundo de triatlón, que se desenvolve esta fin de semana en Hamburgo (Alemaña). O atleta ferrolán partirá co dorsal número 1. A dupla presenza galega complétaa o ordense Iván Raña, co número 10.
Galiza estará pendente da súa actuación a partir das tres da tarde do domingo, momento en que comeza a carreira. Poderase seguir en directo a través de
Triathlon.org.