Iván Raña ficou no quinto posto, facendo unha moi boa carreira, após a súa lesión, aínda non curada. O outro galego na proba, David Castro, ficou no posto 54.
Mais un chanzo no camiño cara a Copa do Mundo para o ferrolán Xavier Gómez Noya, quen vén de gañar, esta fin de semana en Salford (Reino Unido).
O galego, que vai de primeiro no ránking mundial, realizou unha boa saída, logo terminou cunha fuxida dos seus rivais, para pórse el en cabeza, por diante dos máis, e terminar así a proba.
Iván Raña, que aínda está a se recuperar da súa lesión, terminou a proba no quinto posto, e o coruñés David Castro acabou a carreira no posto 54.
A clave da carreira de Gómez Noya
Os momentos máis duros para o triatleta ferrolán foron en bicicleta, loitando para controlar os tentos de fuxida do actual campión do mundo, Tim Don. Finalmente, Gómez Noya alcanzou os fuxidos, con algo de medo de ter que o pagar despois, tras todo o esforzo dado nesta parte da carreira.
Mais, ao baixar da bicicleta alcanzou os seus rivais e ficou só nun grupo de tres corredores, xa decidido a gañar a proba, tirando con forza até cruzar a liña de meta de primeiro, a 12 segundos do australiano Brad Kahlefeldt e a 17 do canadense Simon Whitfield.