Cando menos 15 persoas foron detidas en distintas provincias arxentinas acusadas de integrar unha rede de pederastas con conexións internacionais.
Unhas 15 persoas foron detidas en distintas provincias arxentinas, acusadas de integrar unha rede de pederastas que traballaban en conexión con outras redes internacionais. A operación, chamada "inferno infantil" realizouse nas últimas horas deste venres en 25 vivendas da Capital Federal, as provincias de Santa Fe, San Juan, Tucumán, Salta, Corrientes, San Luís e en varias cidades do Conurbano bonaerense.
Segundo as axencias de noticias nacionais, e investigación permitiu descobrir que os acusados publicaban e intercambiaban material pornográfico nos que se exhibían a menores de idade espidos mentres eran sometidos a abusos sexuais e violacións.
Así mesmo, realizáronse operativos nas provincias de Corrientes, San Luís, Tucumán, Salta e nas localidades bonaerenses de Morón, Merlo, Bernal e Berazategui. Durante a xornada, a policía atopou máis de 10 mil imaxes de pornografía infantil e vídeos nos que se exhibían a menores de idade vítimas de abusos sexuais.
Un xefe policial dixo aos xornalistas que neses vídeos pódense ver imaxes de orxías sexuais con maiores en actitude pasiva e activa, onde facían participar a nenos de pouca idade e inclusive bebés.
A investigación, ordenada polo Xulgado do Criminal Número 30, comezou o ano pasado tras comprobarse que a rede de pederastas publicaba e intercambia material pornográfico por Internet. “O feito constitúe unha aberración. Pídolle á sociedade que sexa conciente de que non se trata dunha mera fotografía, senón dunha violación de menores, de bebés, detrás do cal está venta de persoas, a prostitución e as torturas ás que son sometidas as vítimas", dixo o xefe da operación, comisario Rodolfo Koleff.