Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por unanimidade

O Consello de Seguridade da ONU aproba incrementar a súa presenza en Iraq

Co obxectivo de promover a reconciliación nacional do país, sumido nunha guerra civil desde a invasión estadounidense en 2003.

Redacción - 10:15 11/08/2007

O Consello de Seguridade da Organización de Nacións Unidas (ONU) aprobou este venres unha resolución pola que acorda incrementar as competencias do organismo mundial en Iraq, co obxectivo de promover a reconciliación nacional do país, sumido nunha guerra civil desde a invasión estadounidense en 2003.

O secretario xeral da institución, Ban Ki-Moon, mostrou o seu desexo de que a ONU "traballe estreitamente cos mandatarios iraquís para lograr un "próspero e pacífico futuro". Ban Ki-Moon sinalou que o documento aprobado "permitirá coñecer cal é o papel da ONU na resolución do conflito" e debe provocar un "cambio radical, constituíndo un goberno secular independente de faccións xiís ou sunís".

Pola súa banda, o representante estadounidense no organismo internacional, Zalmay Khalilzad, indicou que a iniciativa "é un pulo por internacionalizar o esforzo para asistir aos iraquís por riba das súas diferenzas internas, e por unir aos veciños axudándolles na construción do seu país" sen ter en conta as súas ideoloxías.

Incremento de persoal

O borrador de resolución foi promovido polos EUA e polo Reino Unido, a petición do goberno iraquí, coa intención de que a ONU teña un protagonismo máis notorio no proceso de pacificación da zona, porque en opinión de ambos os países é un organismo que consideran máis neutral e capaz de mediar entre as comunidades enfrontadas.

Aínda que ata agora os mandatarios internacionais ofreceron moi poucos detalles sobre os cambios que efectuarán nas súas instalacións e nos seus dispositivos de seguridade para poder aplicar o novo mandato en Bagdad, o subsecretario para Asuntos Políticos da ONU, Lynn Pascoe, dixo que, de momento, pretenden aumentar en outubro próximo os membros do persoal internacional da misión na capital iraquí.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: