Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Informe maio-xullo do 2007

A USC emprega software libre no desenvolvemento de robots

A institución académica segue a participar na mellora de drivers para webcams e creou varias distribucións de GNU/Linux.

Redacción / EP - 19:10 30/07/2007

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) experimentou un importante avance na aplicación do software libre nos últimos meses. O sexto Informe sobre a situación tecnolóxica do software libre, maio-xullo de 2007, coordinado polo profesor Tomás Fernández Pena, destaca, entre as principais novidades, o emprego de aplicacións libres na creación de robots.

O equipo de robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes do departamento de Electrónica e Computación céntrase en adestrar os robots a tomaren decisións a partir dos datos que reciben dos seus sensores. Para se comunicaren cos dispositivos, o equipo formado por Carlos Regueiro, Roberto Iglesias, Miguel Rodríguez, José Luís Correa, Manuel Mucientes, Alberto Bugarín, Cristina Gamallo e José Emilio Domenech emprega software libre, concretamente a aplicación Player/Stage.

O informe recolle outros avances da USC no mesmo eido, como a creación de drivers libres para 235 webcams preparados por un programador francés, a posta en marcha de novas distribucións de GNU/Linux, ou o ascenso do emprego do sistema operativo nos principais supercomputadores, até o 77%. Así mesmo, a universidade segue a desenvolver PHP, as versións 4.3 de Qt, Qtopia e Qt Jambi e mais PowerTop, ferramenta de Intel para o aforro de enerxía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: