Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Índice do Banco Mundial

De Botswana a Chile: os que máis avanzan na estabilidade política

Especialmente significativo é o caso destes dous países, que se destacan respecto aos estados veciños no avance da gobernabilidade e o control da corrupción.

Redacción - 12:15 15/07/2007

"É alentador observar que un número considerábel de países, entre eles algúns de África, están demostrando que é posíbel realizar grandes progresos en materia de gobernabilidade nun período de tempo relativamente breve", explica Daniel Kaufmann, director de programas do Instituto do Banco Mundial e coautor do informe Governance Matters, 2007: Indicadores da gobernabilidade no ámbito mundial 1996-2006.

O estudo reparou en como unha ducia de países en desenvolvemento considerados como "economías emerxentes" amosaron en pouco tempo unha mellora importante no conxunto de parámetros analizados. É o caso por exemplo de Eslovenia, Chile, Botswana, Estonia, Uruguai, a República Checa, Letonia, Lituania ou Costa Rica. Todos eles brincan agora por exemplo por riba de países como Grecia ou Italia, tradicionalmente consideradas como democracias máis estabilizadas.

O informe mide un conxunto de factores arredor de seis eixos diferentes: desde a calidade dos servizos públicos e as administracións, até o grao de confianza dos cidadáns nas institucións, índice de delitos, corrupción ou liberdade de expresión.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: