Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Participaron 57 centros de ensino

Ponte nas ondas concede os premios de recolla da tradición oral

Os segundos premios das categorías de bacharelato, ciclo superior, ensino básico e ensino secundario quedaron desertos.

Redacción - 20:21 21/06/2007

A asociación Ponte nas ondas fixo públicos os gañadores do primeiro certame de recolla da tradición oral que organizou nos centros educativos de ensino non universitario do país e de Portugal. A convocatoria coincidiu coa Semana da Literatura Oral que organizou a Consellaría de Cultura. En total, participaron 57 centros de ensino primario, básico, secundario e profesional.

O CRA Amencer de San Paio, Ribadavia, recibiu o primeiro premio na categoría de ensino infantil, e o segundo o CPI de Xanceda, Mesía. Así mesmo, o primeiro premio de ensino básico, o equivalente ao primario en Portugal, foi para a escola de Celorico de Basto. Na mesma categoría mereceu unha mención especial do xurado o traballo elaborado polo CEIP Pombal de Vigo.

En ensino secundario, o IES Francisco Sánchez de Tui levou o primeiro premio, e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco o segundo. No bacharelato, o gañador foi o EIS Aquis Querquernis de Bande, en ciclo superior, Animación Cultural do IES Primeiro de Marzo de Baiona, e en profesional, a Escola Profissional Infante D. Henrique do Porto.

O xurado formado por Xoán Ramiro Cuba, Antonio Reigosa e Xerardo Feijoo, declarou desertos os segundos premios de bacharelato, ciclo superior, ensino básico e ensino secundario por considerar que o resto dos traballos recibidos non se axustaban ás bases.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: