Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

Ponte nas Ondas convoca un certame de recolla da tradición oral

Música, obradoiros, regueifas e contacontos son exemplo de actividades durante esta Semana da Literatura de Tradición Oral, que se desenvolve entre o 6 e o 12 de novembro nas sete principais cidades e en varias vilas galegas. Ao tempo, o colectivo Ponte nas Ondas convoca tamén un certame de recollida de tradición oral.

- 12:43 06/11/2006
Tags:

Achegarlles ás escolas a tradición oral e facilitar que o alumnado de primaria e secundaria dos colexios galegos se acheguen ás manifestacións culturais inmateriais que están no seu contorno máis inmediato, son obxectivos dos obradoiros que se celebrarán estes días. Alén das sete cidades, hai actividades convocadas en Sarria, A Limia, Melide e Tomiño. Participan entre outros os artistas Ugía Pedreira, Candido Pazó, Tino Vaz, Loca Motora, Pavís Pavós e Antón Castro.

Á beira, Ponte nas Ondas organizou tamén un Certame de Recolla de Tradición Oral, que repartirá seis mil euros en premios, recoñecendo os traballos en vídeo ou audio que "mellor contribúan a preservar e promover a literatura de tradición oral". O prazo de presentación de traballos remata o 2 de maio de 2007, aínda que o colectivo pídelles aos centros educativos que envíen antes do 22 de decembro a súa solicitude.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: