O presidente palestino tamén bloqueou as contas bancarias do anterior goberno, ao tempo que designaba un executivo de emerxencia.
Abú Mazen aproveitou a excepción estabelecida na lexislación palestina segundo a cal pode nomear un goberno sen a aprobación do Parlamento e manter un este executivo de emerxencia até seis meses sen necesidade da aprobación parlamentaria.
A decisión chega tres días despois da disolución do goberno de unidade formado á beira de Hamás. Pola súa parte, o líder de Hamás e primeiro ministro daquel goberno, Ismail Haniya, anunciou que non acata a decisión de Mazen, polo que no momento actual permanecen dous gobernos paralelos, un controlando Gaza e o novo en Cisxordania.
Máis na Axencia Palestina e Haaretz.