Máis dun cento de mortos suma xa a guerra civil palestina. O presidente da ANP declarou o "estado de emerxencia".
A entrada do seu grupo armado na residencia presidencial palestina, arramplando coas sedes da policía e cuarteis xenerais e dos servizos secretos da Autoridade Nacional Palestina, asinou este xoves a toma do poder en Gaza por parte do movemento islamista Hamás.
Fronte á situación, o presidente palestino, Mahmud Abás, á vez líder de Al Fatah, decidiu decretar estado de excepción e dar por disolto o goberno de unidade recentemente acordado. Ao tempo anunciou que convocara eleccións en canto a situación se estabilice. O primeiro ministro palestino e membro de Hamás, Ismail Haniye, rexeitou a súa distitución e pediulle ao seu grupo que decrete unha "amnistía xeral". Á beira, subliñou que Hamás non botará adiante o seu propio goberno en Gaza.
Máis na Axencia Palestina e Haaretz.