Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Desde o mércores 6 de xuño

A ETA anuncia a fin do cesamento de fogo

Redacción - 07:10 05/06/2007

Desde as 0 horas deste mércores 6 de xuño a ETA considerará fnalizado "o cesamento de fogo permanente" anunciado hai máis dun ano, en marzo de 2006. No texto enviado a este diario vasco argumentan que o goberon español responden á proposta para deixar as armas con "detencións, torturas e persecucións" e advirte de que deste este mércores actuará "en todas as frontes en defensa de Euskal Herria".

A ETA refírese ademais ás recentes eleccións municipais, cualificándoas de "antidemocráticas" e laiándose de que "a xustiza española deixou milleiros de cidadáns e o principal activo do proceso, a esquerda abertzale, fóra destes comicios". "A situación que vivimos actualmente en Euskal Herria é unha situación de excepción", sostén o comunicado, "as pasadas eleccións non teñen lexitimidade".

Máis en Gara.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: