Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

Deporte aclara que a marcha de Cal é por mor dun adestramento puntual

O palista galego non marcha "para sempre" de Galiza, senón que está a adestrar en Trasona como fai dende hai anos, para preparar os campionatos europeos.

Redacción - 12:19 30/05/2007
A marcha a Trasona está dentro da súa preparación normal

A marcha a Trasona está dentro da súa preparación normal

Na terza varios medios recibían unha nota da Federación Española de Piragüismo na que se daba a entender que David Cal abandonaba Galiza pola "pouca dispoñibilidade de pistas para adestrar" e que non pensaba volver até pasados os Europeos.

Mais dende a Dirección Xeral para o Deporte informan que este é o procedemento habitual nos adestramentos do galego e mais do seu adestrador, Suso Morlán. Ao parecer, cada ano os piragüistas da selección estatal marchan unha tempada a Trasona para concentrárense e preparar os campionatos máis destacados do calendario europeo, de cara ao Mundial e aos Xogos Olímpicos de Pekín.

Ademais, parece ser que Cal e mailo seu adestrador non fixeron ningunha petición para adestrar nas pistas de Verducido (Pontevedra), lugar que está a ser acondicionado aínda para celebrar o Campionato Europeo, a finais do mes de xuño. Segundo dicía a nota da federación española, David Cal marchaba de Galiza "ante a falta de garantías para adestrar" e porque as pistas de Verducido non cumprían as súas necesidades como deportista profesional. Mais dende Deporte aseguran nunca se lle negaron a Cal as pistas de Veducido para entrenar, posto que nunca llelas pediu. Eles xestionan as novas instalacións pontevedresas, que se rematarán nas vindeiras semanas, e teñen mesmo constancia de que xa hai varios deportistas empregando a zona do embalse para adestrar.

Adestrar en Asturias está dentro dos planes dos deportistas de elite estatais

A marcha a Trasona está dentro da preparación habitual do de Cangas, e dende a Dirección Xeral non controlan os planes de adestramento dos deportistas de elite, coma el. De feito, non teñen coñecemento de que Cal abandone Galiza de ningunha forma, senón que se está a seguir o procedemento habitual nos adestramentos do galego coa marcha á vila asturiana, onde existe unha pista permanente, especial para o piragüismo e para a preparación de palistas profesionais que todos os anos acolleá selección estatal.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: