Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A esquerda cae principalmente no norte

A dereita recupera posicións nas municipais italianas

O primeiro ministro, Romano Prodi, quitoulle importancia á caída dos grupos da esquerda, rexeitou as peticións de dimisión da oposición e subliñou que traballa "a cinco anos vista".

Redacción - 08:00 30/05/2007

Algunhas das formacións que apoian o executivo de Prodi criticaron especialmente os resultados, chamando a unha viraxe que free a perda de posicións no norte do país. Ao respecto, o primeiro ministro italiano insistiu en que iso será unha prioridade do seu executivo e que agarda que a tendencia mude cando ao cabo da lexislatura actual se executen moitos dos proxectos previstos para esa área.

Tratábase duns comicios parciais, onde 10 millóns de electores estaban chamados a decidir sobre gobernos municipais e provinciais. Os primeiros resultados amosan a vitoria clara da dereita na metade das 26 capitais onde se votou, por só cinco para a esquerda. O resto votará en segunda volta. A participación chegou ao 74% do total.

Máis en La Repubblica


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: