Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Bitácoras e eleccións

Un blogueiro, Iván Puentes, chega a alcalde

O blogomillo analiza os resultados da noite electoral, maiormente en clave local.

Redacción - 13:49 28/05/2007
Iván Puentes agradece a súa elección con esta imaxe

Iván Puentes agradece a súa elección con esta imaxe

As eleccións municipais vivíronse con especial interese dende os blogs do país. Tanto é así, que mesmo un blogueiro ten moitas probabilidades de se converter en alcalde. É o caso de Iván Puentes, que era candidato do PSdeG-PSOE por Fene e cuxa lista acadou 7 escanos. Iván, que tamén podería ser o alcalde máis novo de Galiza -ten 27 anos-, xa deixou unha entrada de agradecemento na súa bitácora.

O resto do blogomillo ofrece visións moi variadas, e non todas se limitan á mera descrición e análise dos resultados. Así, a autora de Cal fita carmesí e a túa boca cóntanos como foron as súas primeiras eleccións.

Dende A Coruña, Marcos Sanluís, en El Túnel analiza o futuro da Coruña, no que avoga por un pacto entre socialistas e nacionalistas, evitando os “cantos de serea” do exiliado Francisco Vázquez. En Vigo, Vigoblog diríxelle unha carta á alcaldesa saínte, Corina Porro, insistindo na idea de que a meirande parte dos cidadáns non desexa que siga á fronte do goberno municipal.

En Compostela, Nacho Mirás, despois de cubrir a noite na sede do PP da cidade, dálle os parabéns ao nacionalista Martiño Noriega, que se postula como novo alcalde de Teo, fronte ao anterior primeiro edil, “señor das Tortillas e doutor horroris caspa”.

Tamén hai dedicatorias musicais, neste caso as dúas para o Partido Popular. En Nada que dicir propoñen o Don't Cry dos Guns'n'Roses, mentres que no Arroaz despiden a Corina Porro co Ciao ciao bambina de Dalida.
Outras análises do blogomillo, moitas delas en clave local, fanas Martin Pawley, Zero Vacas, Andrés Milleiro, Fran Alonso, Ruxe-Ruxe na Estrada e O Aletófilo do Morrazo. Pero hai -e haberá- máis.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: