Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apoian a iniciativa intelectuais, partidos e colectivos

Case 300.000 sinaturas avalan a petición de servizos públicos e de calidade dentro da UE

Critican que as únicas propostas de regulamento por parte da UE afondan na privatización e liberalización dos servizos.

Redacción - 12:54 10/05/2007
Cartaz do vindeiro congreso da ETUC

Cartaz do vindeiro congreso da ETUC

A plataforma ETUC (European Trade Union Confederation) foi creada en novembro de 2006 para esixirlle á UE servizos públicos de calidade e acesíbeis para todos os europeos. Neste sentido teñen elaborado unha listaxe de adhesión, por medio de sinaturas, na que case conseguiron os 300.000 apoios.

Esta plataforma naceu para demandar varios servizos públicos que están a desaparecer, aos poucos, dentro da UE. Por isto propoñen á Comisión Europea a creación dunha nova lei que regule os servizos públicos; os chamados servizos de interese xeral (SIX) e servizos de interese económico xeral (SIEX), na terminoloxía europea.

Ata o de agora, as únicas propostas de regulación deste tipo de servizos, especialmente nos sectores da enerxía, correos e telecomunicacións, por parte da UE, eran de total privatización ou liberalización, o que posibilitaba o estancamento dos monopolios privados, dentro da rede de servizos públicos, e isto reduce a acesibilidade e ás veces a calidade dos servizos públicos, o que non beneficia aos usuarios.

No seu vindeiro congreso, a celebrar en Sevilla do 21 ao 24 de maio, a plataforma da ETUC (European Trade Union Confederation) seguirá a traballar por acadar servizos públicos na UE, unha iniciativa apoiada por varios partidos políticos europeos, como o Partido dos Socialistas Europeos, os Verdes, ou a Unión dos Traballadores Demócrata-Cristiáns; personalidades políticas, como Jacques Delors; e varias plataformas cidadás europeas, como a Plataforma Europea de ONG's Sociais ou o Observatorio Social Europeo, ademais dos milleiros de cidadáns da UE que asinaron esta manifesto.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: