Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica PSdeG-PPdeG no Parlamento

Feijoo denuncia a dobre moral de Touriño no caso do alcalde de Oroso

"Permítelle ao alcalde de Oroso e candidato do PSOE contar con cinco empresas promotoras, a pesar das súas promesas", sinala.

Redacción - 18:55 09/05/2007
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, denunciou que o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, use unha "dobre vara de medir". Feijoo defendíase deste xeito das acusacións recibidas nas últimas datas por parte do grupo socialista, en referencia aos alcaldes populares que compaxinan o seu cargo co de promotor de obras.

"Despois de que o presidente da Xunta siga coa acusación do 'alcalde promotor', o alcalde de Oroso e candidato do PSOE conta con cinco promotoras, dúas en Oroso e tres en Santiago", dixo Feijoo, na sesión plenaria do Parlamento desta cuarta feira.

Réplica do alcalde de Oroso

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, non tardou en replicarlle a Feijoo: "No meu concello non realicei ningunha promoción inmobiliaria, e non teño ningún interese urbanístico en Oroso nin en Santiago".


Neste senso, Mirás retou o líder dos populares "a que no menor tempo posible demostre as graves acusacións que realizou", e afirmou que Feijoo "debe mirar cara as súas listas, onde se atopan candidatos que si teñen intereses urbanísticos nos seus concellos".


Así, puxo en coñecemento a súa participación nas cinco empresas mencionadas no Parlamento: Rafra Gestión Inmobiliaria (50%), AD3 Casuística de Inversiones (20%), Inpromar (25%), Setesoft (50%) e Gesprovi (22,59%). No entanto, insistiu en dicir que "ningunha destas sociedades promove construcións no concello de Oroso nin en Santiago, como afirmou Núñez Feijoo”,

Adxudicación de obras

Por outra banda, Feijoo tamén acusou o Goberno de "adxudicar en contra dos informes técnicos" a construción da autovía do Barbanza "a unha oferta 30 millóns de euros máis cara", concretamente por 5.000 millóns de euros.

"Con 30 millóns de euros poderíase permitir que 6.000 galegos máis accedesen a unha bolsa para estudar na Universidade, ou que 10.000 galegos deixasen de estar na lista de espera cirúrxica", afirmou o líder dos populares galegos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: