Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG acusa o PSdeG de "dobre moral"

O candidato socialista en Bande está vencellado a sete empresas inmobiliarias

Desde a dirección do PSdeG aseguran que o candidato xa aceptou renunciar á súa actividade como promotor no concello que aspira a gobernar.

Redacción - 09:00 25/04/2007

Xosé Antón Dorado Gómez, quen vai á cabeza da lista do PsdeG no concello ourensán de Bande, é socio mancomunado ou solidario, ou administrador único, de até sete empresas "adicadas literalmente e segundo consta na razón social da constitución das mesmas, á promoción de todo tipo de terreos e edificacións, construción e promoción inmobiliaria".

A denuncia facíaa pública este martes o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, quen se queixou de que o PSdeG "tentou criminalizar os populares galegos" e acusou aos socialistas de actuar cunha "dobre moral". Rueda lembrou que o PSdeG comprometérase a que os promotores inmobiliarias "non sexan nunca candidatos ás alcaldías" e insistiu en que os socialistas presentan agora "de forma sixilosa" unha persoa deste sector en Bande.

Desde o PSdeG respóndenlle aos populares que o partido xa lle expuxo no seu momento a situación ao seu candidato á alcaldía de Bande e destacan que Xosé Antón Dorado "asumiu as regras impostas pola formación". Nese sentido, Dorado xa se comprometera coa dirección do PSdeG a "renunciar" á súa actividade urbanística no municipiode Bande. Ao respecto, o secretario de Organización dos socialistas galegos, Ricardo Varela, convidou ao PPdeG a "facer o mesmo" cos seus "alcaldes-promotores". "Ningún alcalde socialista recualificará solo pola mañá e pola tarde negociará con ese solo", subliñou Varela.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: