Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Sindicato Labrego Galego aplaude a iniciativa

O Parlamento aproba a posta en marcha do Banco de Terras

No prazo de dez anos espérase recuperar para o uso agropecuario 200.000 hectáreas de terreo en todo o país.

Redacción - 17:53 08/05/2007

O Parlamento aprobou este martes a Lei de conservación da superficie agraria, que vai poñer en marcha o coñecido como Banco de Terras. O Sindicato Labrego Galego recibiu a nova con ledicia. Segundo a súa secretaria xeral, Lidia Senra, que asistiu á sesión plenaria como espectadora, o banco pode ser un xeito de facilitar o acceso á terra das explotacións agrogandeiras.

A forza sindical lembrou que a lei cumpre cunha reivindicación histórica que non fora atendida no seu momento polos sucesivos gobernos do Partido Popular, que, ben ao contrario, fomentaron a redución da superficie agraria útil do país. Para o SLG, esa falta de terra é o principal atranco para a incorporación da mocidade ao mercado laboral agrícola.

O sindicato tamén aplaudiu a decisión do Parlamento de darlles prioridade na adxudicación de terras ás mulleres que perderon a súa explotación por ruptura de parella, e amosou a súa confianza en que se poña en vigor canto antes.

O Banco de Terras que aprobou o Goberno en febreiro e hoxe referendou o Parlamento permitirá recuperar até 200.000 hectáreas de superficie útil para o cultivo en dez anos, comezando polas comarcas do Valadouro, Deza, Xallas e A Limia. Deste xeito, ademais de incentivar o sector primario preténdese loitar contra os incendios forestais.


4,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: