Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HABERÁ SANCIÓNS PERO NON EXPROPIACIÓNS

O Banco de Terras estimulará a recuperación para o agro das leiras abandonadas

Frear a perda de superficie agraria útil; modernizar a base produtiva das explotacións e apostar por un modelo onde prime a calidade dos alimentos e a sustentabilidade ambiental. Neses tres eixos se resume o proxecto presentado no Parlamento por Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural, quen explicou que ter as terras infrautilizadas ou abandonadas "ten que ter un custo, porque do contrario estaremos coartando a riqueza colectiva".

- 07:00 05/05/2006
Tags:

Medio Rural agarda que este proxecto contribúa significativamente a fixar poboación e potenciar a incorporación de persoas á actividade agraria, axudando ademais a mellorar a renda dos produtores. Con esa meta crea a consellaría o Banco de Terras de Galiza, que agardan que estea operativo cara ao final deste 2006.

Trátase dun órgano para a xestión dos bens patrimoniais que establecerá medidas de apoio aos arrendatarios das fincas, incluíndo exencións fiscais ou subvencións. Suárez Canal relatou que agarda que a iniciativa aumente a riqueza do país "poñendo en valor as terras con vocación agraria, e freando así a continua redución de superficie agraria útil que está sufrindo Galiza". O conselleiro destacou que a posta en valor de terras incultas permitirá que os labregos e gandeiros poidan "abaratar os seus custos de produción, viabilizar aínda máis a súa actividade e incrementar a súa renda". Ao tempo a medida debería estimular un obxetivo clave: a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria, de forma que o acceso á terra "non sexa un factor limitante".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: