Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preto da cidade portuaria de Kribi

Un avión da Kenya Airways estrélase en Camerún

A aeronave cubría a ruta Abiyán-Nairobi e nela viaxaban 115 persoas, entre pasaxe e tripulación.

Redacción - 15:10 05/05/2007

Un avión comercial da Kenya Airways estrelouse este sábado no sur de Camerún pouco despois de despegar, segundo a radio estatal do país centroafricano. O aparato caeu preto de Niete, ao sur da cidade portuaria de Kribi e ao norte da fronteira con Guinea Ecuatorial pouco despois de despegar da localidade camerunesa de Duala.

Segundo Titus Naikuni, director xeral do grupo Kenya Airways, as autoridades de Camerún captaron unha sinal de socorro automática na área onde desapareceu o avión. Naikuni informou que xa comezaron os labores de rastrexo e indicou que a aeronave só tiña seis meses de antigüidade e non tiña historial de porblemas.

Hai máis de sete anos, o 30 de xaneiro de 2000, un avión da mesma compañía estrelábase no océano pouco despois de despegar de Abidjan, causando a morte a 169 persoas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: