O candidato da dereita, Nicolas Sarkozy, acadaría o 55% dos votos, fronte ao 45% de Ségolène Royal, segundo as últimas sondaxes publicadas pola prensa gala.
A segunda volta das eleccións presidencias francesas no será tan disputada como a primeira, a xulgar polas predicións das últimas enquisas. Segundo estas, Sarkozy podería obter, como moito, un 54,5% dos sufraxios e como mínimo, un 53%, dúas porcentaxes que suporían unha cómoda vitoria para o conservador.
A diferenza cos resultados da primeira volta radica na porcentaxe de votos dos simpatizantes do centrista François Bayrou, segundo un estudio de Ipsos/Dell. Deste xeito, o 36% dos sufraxios de Bayrou na primeira volta irían para Sarkozy e un 36 para Royal.
Este mesmo estudio sinala que o dereitista conseguiría boa parte da súa vantaxe nesta segunda volta grazas a un aumento dos apoios entre os votantes de extrema esquerda, dos que lograría un 21% dos votos fronte ao 64% de Royal, unhas cifras que farían que a socialista perdese até dous puntos no total final.
Mentres a meirande parte dos franceses viven a xornada de reflexión, nos territorios franceses de Ultramar e os residentes galos no continente americano xa comezaron este sábado a exercer o seu dereito ao voto.
No territorio continental francés, os colexios abrirán as súas portas ás 8:00 h do domingo e pecharán ás 18:00 h, coa excepción das grandes cidades, que o farán unha hora máis tarde.
Poden ampliar en:
Prensa francesa: Le Monde, Le Parisien, Libération
Wikipedia: French presidential election, 2007