Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Auto dun xulgado da Coruña por denuncia do PP

O Concello de Carballo recorrerá a suspensión da oposición que esixía o dominio do galego

Evencio Ferrero asegura que os populares xa aceptaran outras probas co mesmo requisito.

Redacción - 13:01 20/04/2007
Evencio Ferrero

Evencio Ferrero

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, anunciou que recorrerá o auto de suspensión do concurso-oposición a asesor urbanístico que decretou un xulgado da Coruña. O proceso fora denunciado polo Partido Popular, que consideraba discriminatorio o feito de que a proba de galego fose eliminatoria.

Ferrero lembrou que o Partido Popular xa aceptara o mesmo requisito en dous procesos selectivos anteriores. Segundo o rexedor carballés, na actualidade están a traballar no concello dúas funcionarias seleccionadas en probas nas que o coñecemento da lingua era eliminatorio. Neses dous casos, o PP formara parte do tribunal e non fixera ningunha reclamación.

Ademais, o alcalde reiterou que a selección de asesor urbanístico xa fora suspendida cautelarmente polo executivo local ao coñecer a denuncia do grupo da oposición, e antes de se coñecer o auto do xulgado do Contencioso-administrativo número 1 da Coruña. En todo caso, Ferrero dixo: “Terá que ser o xulgado o que diga e resolva dun xeito ou doutro”.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: