Novo episodio de violencia indiscriminada, desta vez os dramáticos feitos aconteceron nunha escola universitaria de Blacksburg.
Nun primeiro momento, a policía buscou a un segundo sospeitoso
Canto menos trinta e unha persoas foron asasinadas a tiros este luns nunha universidade estadounidense. Segundo informa a canle de televisión CNN, o Instituto Politécnico de Virxinia, en Blacksburg (a uns 400 quilómetros de Washington), foi escenario dun masacre provocado por un individuo armado, que se encontra entre os mortos.
A policía investiga se o pistoleiro foi abatido polos seus axentes ou se el mesmo se suicidou. Aínda que nun primeiro momento, a policía barallaba a idea da participación dun segundo sospeitoso as informacións oficiais descartan esta posibilidade.
Cando se tivo constancia do suceso, a universidade cancelou as clases e comunicoulles aos estudantes que permanecesen pechados e fechados nas súas habitacións, lonxe das fiestras. O tiroteo inicial produciuse ao redor das 7.30 horas (hora local, 13.30 horas en Galiza).
Os primeiros disparos tiveron lugar nunha residencia do campus, a West Ambler Johnston Hall, na que habitan 900 estudantes. Poucas horas despois un novo tiroteo rexistrouse noutra zona do Politécnico, chamada Norris Hall.
Máis información na CNN.