A cadea conta cunhas modernas e cómodas instalacións para a mellor rehabilitación dos presos.
Portada da cadea / Foto: Paul Ott
O Centro de Xustiza de Leoben está considerado un cárcere de cinco estrelas. As súas luxosas instalacións garántenlles un cómodo proceso de reintegración aos delincuentes. Un enorme polideportivo, un equipado ximnasio, amplas celas e mesmo un cuarto especialmente habilitado para os vis-à-vis están á disposición dos presos, como se pode ver nas fotos que publica o blog The Glory of Carniola.
Na entrada da bitácora chégase a facer brincadeiras sobre o feito de que mesmo pode resultar rendíbel cometer delitos no país centroeuropeo se a condena ten como destino a prisión de Leoben. Malia isto, Austria é un estado cuns índices de delincuencia moi inferiores aos dos Estados Unidos.
Na páxina de Hohensinn Architektur pódense ver moitas máis imaxes do moderno centro de reclusión.