"Fronte aos novos ataques, máis iniciativa política". Logo da petición de ilegalizar ASB, Batasuna anuncia a posta en marcha de agrupacións electorais.
Pernardo Barrena e Joseba Permarch, nunha imaxe de arquivo
Tal e como confirmara esta terza feira o voceiro de Batasuna, Pernando Barrena, a esquerda abertzale comezou xa a recollida das 30.000 firmas necesarias para a configuración das agrupacións electorais, e que lle permitan estar presente nas vindeiras eleccións municipais e forais.
Barrena adiantou que ante a "previsíbel e probábel ilegalidade de ASB" e co obxectivo de impulsar "a igualdade e unhas eleccións democráticas", van a conformar agrupacións electorais que terán como denominación común "as nosas dous sinais de identidade". Xa que logo, ao carón do nome da localidade incluiranse as palabras abertzale e sozialista.
Dende as 500 até as 5.000 sinaturas
Para a presentación destas plataformas electorais, cómpre xuntar, nas vindeiras tres semanas, 30.000 firmas en Álava, Biscaia, Gipuscoa e Navarra. O prazo para formalizalas finalizará o día 23 de abril, derradeira xornada para presentar as listas.
O número de apoios depende do volume de habitantes dos municipios. Nas localidades de menos de 5.000 veciños, cumpren 50 firmas; nas de entre 10.000 e 50.000 habitantes, 500; e nas de entre 50.000 e 150.000, 1.500.
En Donostia, en Pamplona e en Vitoria (entre 150.000 e 300.000 persoas) precisarase dun total de 3.000 respaldos. En Bilbo (entre 300.000 e 1.000.000 de habitantes), 5.000 firmas.
Limitacións das agrupacións
As agrupacións de electores son formacións políticas que se constitúen co aval dunha porcentaxe mínima do censo do municipio correspondente (xeralmente o 1%), e os asinantes teñen que acreditar a súa identidade ante notario ou ante o propio concello, segundo ditou no seu día a Xunta Electoral Central.
Estas constitúense única e exclusivamente para cada proceso electoral concreto, polo que en cada novo proceso electoral cómpre recoller as firmas de novo. Ademais, as agrupacións non se poderán coligar entre si nin con partidos políticos existentes e deben de actuar na súa circunscrición electoral correspondente.
Os candidatos desa lista non teñen que estar necesariamente inscrito" no censo electoral do municipio, mais si os avalistas. Ningún elector pode avalar dúas candidaturas.