Non, a xuízo das cancelas sufridas esta semana por un grupo de eurodeputados cataláns.
Se o popular Daniel Varela ou os socialistas Rosa Miguélez e Antolín Sánchez Presedo, os tres eurodeputados cos que Galiza conta agora mesmo en Bruxelas, quixeran presentarlle ao Parlamento Europeo unha interpelación oficial escrita en galego, toparían co freo das burocracias da UE.
Así o sufriron esta semana un grupo de eurodeputados cataláns. Membros de PSC, CiU, ICV e ERC sumaron forzas e asinaron conxuntamente un documento en forma de pregunta parlamentaria. Os deputados cataláns pedían precisamente que a Cámara autorizase o uso do catalán neste tipo de preguntas.
O Parlamento xa concedera que se calquera cidadán presenta pregunta en galego, catalán ou éuscaro, debe ser admitida. Paradoxalmente, non é así no caso dos propios deputados. Segundo os xestores deste trámite no Europarlamento, o sistema informático de trámites só acepta o uso das linguas "oficiais" na propia Cámara.
Poden ampliar no blog de Raul Romeva, o eurodeputado catalán promotor da iniciativa.