Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O NÚMERO DE INMIGRANTES AFILIADOS AUMENTOU UN 19%

Un de cada dez estranxeiros atopa como saída laboral o servizo doméstico

O mes de febreiro pechouse en Galiza con 34.885 traballadores foráneos rexistrados.

Redacción - 15:21 20/03/2007

O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galiza segue a medrar. Os datos oficiais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que recolle Europa Press, revelan que o mes de febreiro pechouse con 34.885 traballadores dados de alta, un 19,07% máis ca no mesmo mes do ano 2006. Aínda así, as cifras porcentuais evidencian que o número de estranxeiros que traballan en Galiza non representa nin sequera o 1,9% do total estatal (1.878.244). A maioría deles concéntranse en Cataluña e Madrid, que case suman un 45% do total.

As cifras gubernamentais especifican que 25.132 están dados de alta no réxime xeral; 3.952 figuran como autónomos; 3.533 como empregadas do fogar; 1.314 traballan en labores marítimas; e 954 no réxime agrario. A maioría dos afiliados estranxeiros concéntranse no chamado Eixo Atlántico, a suma dos traballadores que están inscritos nas provincias de Lugo e Ourense non chega aos 6.000.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: