Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terceiro aniversario do maior atentado terrorista en Europa

Líderes políticos lembran o 11-M logo da manifestación de Madrid

Zapatero e Rajoy coinciden no acto de inauguración do monumento ás vítimas logo da convocatoria popular en contra da política antiterrorista do executivo.

Redacción - 14:30 11/03/2007

Dirixentes do goberno estatal e da oposición coincidiron este domingo por primeira vez desde que o pasado 1 de marzo se lle concedera a prisión atenuada ao etarra De Juana Chaos. Foi con motivo da inauguración do monumento ás vítimas do atentado do 11-M na estación madrileña de Atocha.

O acto da mañá deste domingo celebrouse só vinte horas despois da celebración da manifestación convocada polo Partido Popular en Madrid en contra da xestión antiterrorista do executivo estatal.

Case duascentas vítimas aínda necesitan tratamento

Mil noventa e cinco días despois do maior atentado terrorista da historia de Europa, aínda son moitas as vítimas que precisan tratamento sanitario e psiquiátrico. Dos preto de 2.000 feridos, 111 continúan recibindo asistencia, sobre todo nas especialidades de traumatoloxía, cirurxía plástica, oftalmoloxía, neurocirurxía. Por outra parte, son 68 as persoas que aínda precisan tratamento psiquiátrico.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: