Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Remataron segundos no Arenal Training Camps Trophy

Echávarri e Paz proclámanse campións de España da clase tornado

A tripulación galega acadou o título logo de catro días de competición na baía de Palma. O estatal disputouse xunto coa proba internacional, na que participaron 70 equipos preolímpicos.

Redacción - 13:44 10/03/2007
Os galegos foron campións do mundo en 2005

Os galegos foron campións do mundo en 2005

A parella formada polos galegos Fernando Echávarri e Antón Paz proclamouse este venres campioa de España da clase tornado. Os regatistas do Club Náutico de Sanxenxo tamén firmaron unha notable actuación na competición internacional Arenal Training Camps Trophy cun segundo posto.

Nesta proba participaban uns setenta equipos preolímpicos que están a desenvolver os seus adestramentos de inverno nas costas baleares. O triunfo foi para os franceses Revil e Esgap, mentres que o terceiro posto do caixón foi para os seus compatriotas Guichard e Guyader.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: