Logo de cinco xornadas de dura competición, a pasada madrugada finalizou en Miami a décimo oitava edición da Rolex Miami OCR de tornado. Os galegos Fernando Echávarri e Antón Paz conseguiron finalmente o bronce logo de amosar durante toda a semana un excelente nivel e regularidade. Os do Náutico de Sanxenxo foron sextos na Medal Race, o que lles serviu para asegurar o seu posto no podio. Segundo Echávarri, "comezar a tempada cun posto no caixón é unha boa forma de arrancar, polo que estamos moi contentos".
O regatista sinalou que nas últimas mangas as condicións eran moi inestábeis e con moito onda: "viviuse moito estres no campo de regatas pero recibimos a nosa recompensa: melloramos o quinto posto do ano pasado". O dúo galego participará desde o luns 5 de febreiro no campionato norteamericano de Tornado en augas da baía de Biscayne, tamén en Miami.
Clasificación xerall final. Rolex Miami OCR. Tornado.
1. Bundock/Ashby (AUS), 3+3+(6)+5+1+(OCS)+1+6+11+3+4=43
2. McMillan/Howden (GBR), 4+4+1+(11)+3+2+11+3+2+2+20=52
3. ECHÁVARRI/PAZ (GZ), 6+2+(10)+2+10+5+8+4+9+6+12=64