Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MOCIÓN A PROL DA INICIATIVA

Rianxo é o primeiro concello que apoia o Puntogal

Máis de 4.400 persoas asinaron xa individualmente a favor do ".gal". Agora, o pleno do municipio de Rianxo é o primeiro en pór o seu grao de area para que a iniciativa saia adiante.

M.V. - 13:17 09/03/2007
PuntoGal

PuntoGal

O pleno do municipio de Rianxo acaba de aprobar unha moción pola que expresa o seu "apoio á creación dun dominio propio de Galiza en Internet". O acordo rianxeiro destaca que é "moi dificultoso" lograr que a ICANN lle conceda a Galiza un dominio para a súa lingua e cultura, como xa fixo con Cataluña, polo que fai fincapé na necesidade de sumar apoios institucionais.

Non pecha as vías para o “.gz”
O .gal é o domino que debe corresponderlle á comunidade galega, como comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais)” sinala o texto presentado por dous concelleiros do BNG. Xoán Bautista Mariño Abuín e Adelina Ces explican no seu escrito que "a proposta do .gal non invalida en ningún caso a proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo)”.


Documentos

Ligazóns

4,85/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: