Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
I CUME DE XEFES DE ESTADO E DE GOBERNO DA COMUNIDADE SUDAMERICANA DE NACIÓNS

Chávez e Lula asinan en Brasilia acordos enerxéticos

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, subscrebiu onte xoves co presidente brasileiro, Luiz Inácio Lula Da Silva, varios acordos en materia enerxética.
Hoxe venres levaráse a cabo a apertura da primeira Xuntanza dos Xefes de Estado da Comunidade Sul-americana de Nacións, ocasión na que intervirán os presidentes da República do Perú, Alejandro Toledo, e da República Federativa do Brasil, Luiz Inácio Lula Da Silva.

- 08:44 05/10/2005
Tags:

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, subscrebiu onte xoves co presidente brasileiro, Luiz Inácio Lula Da Silva, varios acordos en materia enerxética.

A información foi confirmada polo ministro de Relacións Exteriores, Alí Rodríguez Araque, despois da súa chegada este mércores para asistir ao I Cume de xefes de Estado e de Goberno da Comunidade SuDamericana de Nacións (CSN), que se celebrará na cidade de Brasilia, este xoves e venres.

Segundo comentou o chanceler, un dos convenios que se asinarán entre Pdvsa e Petrobras, ten que ver coa explotación dun xacemento importante na Faixa do Orinoco, que atinxiría os 41 mil millóns de barris, o outro acordo é a construción dunha refinaría en Pernambuco, que procesará petróleo venezuelano.

Chávez asinará co presidente de Arxentina, Néstor Kichnner, cartas de intención con vista a adquirir capacidade de refinación nese país e procesar tanto petróleo venezuelano como uruguaio.

O ministro de Exteriores venezuelano, Alí Rodríguez Araque, apuntou que Venezuela, dende o ponto de vista enerxético, avanza por bo camiño.

Sobre os temas que se serán tratados no cume mencionou que destacan a integración física, construción de vías de comunicación, e transporte entre os países de Americano do Sul

«Prevese que a cooperación, solidariedade e respecto á soberanía, sexan os alicerces dun encontro positivo onde ninguén sairá a derrotar a outro, se non a unirse na procura de explotar conxuntamente as potencialidades do sul», dixo.

O xoves tivo lugar a xuntanza de chanceleres dos países membros da CSN, no Pazo de Itamaraty.

Hoxe venres levaráse a cabo a apertura da primeira Xuntanza dos Xefes de Estado da Comunidade Sul-americana de Nacións, ocasión na que intervirán os presidentes da República do Perú, Alejandro Toledo, e da República Federativa do Brasil, Luiz Inácio Lula Da Silva.

En horas da tarde, efectuarase a cerimonia de clausura, acto que estará a cargo do primeiro mandatario de Bolivia, Eduardo Rodríguez Beltzé, quen exercerá a presidéncia da II Xuntanza de Xefes de Estado da Comunidade Sul-americana de Nacións a realizarse en setembro de 2006.


0/5 (0 votos)