Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: valedor

13/Abril/2010 /

O PPdeG asegura que o informe anual do Valedor avala que os cidadáns están máis contentos co novo goberno

A oposición reprochoulle a Benigno López a súa escasa atención ao problema lingüístico e aos retrocesos na sanidade pública.


23/Marzo/2010 /

Piden a dimisión do Valedor por "obstaculizar" as queixas por vulneración de dereitos lingüísticos

O MpDC cualifica de "esperpento" a súa intervención na Cámara e a Mesa denuncia a "actitude chulesca" de Benigno López.


23/Marzo/2010 /

O Valedor insiste en 'valerlle' preferentemente ao castelán

Non é a primeira vez que Benigno López despreza as políticas de normalización. Nunha rifa parlamentaria, PSdeG e BNG recórdanlle unha vez máis a normativa vixente.


23/Xuño/2008 /

O Valedor tramitará a queixa polo déficit de ensino en galego na Infantil

Un de cada catro cativos de tres anos "só recibe unha hora ou menos en galego" cada día.


25/Marzo/2008 /

Para o Valedor seica hai lugares onde se debe "potenciar" o castelán

"A lingua discriminada neste país é a galega", recórdanlle PSdeG e BNG ao representante da institución.


20/Agosto/2007 /

A CIG propón derrogar o sobresoldo vitalicio para os altos cargos

Fronte ao silencio desde as formacións políticas ao respecto, desafían a altos cargos actuais e pasados a pronunciárense sobre o que cualifican de "privilexio".


1/Agosto/2007 /

Touriño pídelle ao Valedor que cumpra a Lei de Normalización

O presidente do Goberno nega que a lingua sexa un problema e lembra que a norma foi aprobada por consenso.


1/Agosto/2007 /

"Imparcialidade" e "nula sintonía" coa lingua: mal agoiro sobre o Valedor

Desde o Movemento polos Dereitos Civís ven a polémica estrea de Benigno López no cargo como un exemplo do ineficaz proceso de escolla empregado polo Parlamento.


31/Xullo/2007 /

O Valedor recomenda que a Fiscalía actúe contra os reiterados incumprimentos das institucións

O aviso do novo Valedor do Pobo, Benigno López, mira especialmente cara aos municipios, onde sinala que existen "as maiores reticencias" a dar contas.


12/Xullo/2007 /

A serodia despedida de Sandes abre a porta á "revitalización" do Valedor do Pobo

Ausencia de resposta a peticións, declaracións fóra de lugar, queixas sen investigar, defectos xurídicos... Un tardío relevo malia os déficits criticados na actuación de Vázquez Sandes.


10/Xullo/2007 /

Consenso dos grupos parlamentarios para nomear Valedor do Pobo a Benigno López

O Valedor saínte e as propias formacións amosaran a vontade de que o cargo fose ocupado por unha muller. Malia iso, o nome deste maxistrado foi o que finalmente conseguiu o acordo de PPdeG, BNG e PSdeG.