Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: benigno-lopez

23/Marzo/2010 /

Piden a dimisión do Valedor por "obstaculizar" as queixas por vulneración de dereitos lingüísticos

O MpDC cualifica de "esperpento" a súa intervención na Cámara e a Mesa denuncia a "actitude chulesca" de Benigno López.


23/Marzo/2010 /

O Valedor insiste en 'valerlle' preferentemente ao castelán

Non é a primeira vez que Benigno López despreza as políticas de normalización. Nunha rifa parlamentaria, PSdeG e BNG recórdanlle unha vez máis a normativa vixente.


22/Xullo/2009 /

O Valedor turra polo castelán na Sanidade

O Valedor do Pobo pídelle á consellaría que os folletos que distribúa inclúan os seus consellos en español, para poder chegar ao maior número de destinatarios posíbel.


3/Xuño/2009 /

O Valedor do Pobo nega ter fobia ao galego e asegura que a lingua non corre risco ningún

Benigno López acusou ao BNG de facer do tema lingüístico o principal problema da sociedade galega.


13/Marzo/2009 /

O Valedor insta á Xunta entregar as axudas aos dependentes, tamén no caso de que estes falezan

Ante as queixas recibidas, pídelle a Vicepresidencia que axilice as axudas, para atender as persoas que foron recoñecidas, mais non atendidas.


Benigno López e Dolores Villarino
21/Xullo/2008 /

Obras públicas e expropiacións, principais causas de queixa ante o Valedor do Pobo

A institución tramitou 2.280 queixas, entre as que salientaban tamén as relacionadas co medio ambiente, en concreto coas concesións mineiras no Courel.


25/Marzo/2008 /

Para o Valedor seica hai lugares onde se debe "potenciar" o castelán

"A lingua discriminada neste país é a galega", recórdanlle PSdeG e BNG ao representante da institución.


23/Marzo/2008 /

O Valedor do Pobo dá conta da súa xestión no Parlamento este luns

Os datos que achegue Benigno López correspóndense a un período en que Xosé Ramón Vázquez Sandes aínda ocupaba o cargo.


6/Outubro/2007 /

Rego avísalle ao Valedor de que non debera amosar "posicións partidarias"

O Valedor do Pobo falou criticamente da figura do Valedor do Paciente. Desde o PSdeG, Ismael Rego pediulle que non se tente involucrar "en leis que aínda nin chegaron ao Parlamento".


10/Setembro/2007 /

“O Valedor ten interiorizados os prexuízos lingüísticos”

Logo dunha entrevista con Benigno López, Callón anunciou que vai pedir que o Parlamento tome medidas


31/Xullo/2007 /

O Valedor recomenda que a Fiscalía actúe contra os reiterados incumprimentos das institucións

O aviso do novo Valedor do Pobo, Benigno López, mira especialmente cara aos municipios, onde sinala que existen "as maiores reticencias" a dar contas.


10/Xullo/2007 /

Consenso dos grupos parlamentarios para nomear Valedor do Pobo a Benigno López

O Valedor saínte e as propias formacións amosaran a vontade de que o cargo fose ocupado por unha muller. Malia iso, o nome deste maxistrado foi o que finalmente conseguiu o acordo de PPdeG, BNG e PSdeG.