Xesús Igrexas (Luki Matthews)
ocupadoquinto 28/04/2008 - 07:49
Porque ademais do anteriormente sinalado leva traballando non poucos anos para promover o encontro amizoso entre distintas culturas, achegándolle tamén a nosa á rapazada e aos e ás non tan novas. Tamén pola súa, ilusión, solidariedade e constancia.
FESTIVAL DE CANS
Mirabel 24/04/2008 - 11:50
Por levar o cinema a un espazo rural a través dunha idea divertida e orixinal, comprometida coa identidade e co audiovisual feito en Galiza
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña
Caetano 21/04/2008 - 10:02
Un dos auténticos dinamizadores da vida cultura da cidade herculina desde hai décadas
Cantos na Maré. Festival Internacional da LusofonÃa
Caetano 21/04/2008 - 09:59
Galiza non pode se conformar como entidade cultural diferencia de se manter de costas viradas á LusofonÃa. Este festival constitúe un referente incuestionábel no relacionamento de Galiza cos paÃses lusófonos
Agrupación Cultural O Facho
o-moinante 20/04/2008 - 20:46
Começou a sua andaina em defessa do PaÃs e da sua cultura no ano 1963 quando o franquismo ainda fuzilava e torturava de cotio, nom esqueçamos que o 20 de Abril desse ano ainda assassinárom a Juliám Grimau. O Facho com a criaçom do seu grupo de teatro, 1965, fizo renascer de novo o que hoje é umha pujante dimensão cultural e cÃvica, como é o teatro galego. Os seus cursos e livros de gramática galega, os primeiros editados para impartir aulas depois da República, o seu ciclo de conferências sobre a economia galega e logo editadas por Galáxia, quando aqui ainda nom existia umha Faculdade de Ciências Económicas, etc. Nom sego escrevendo porque seria mui exaustivo. E hoje segue sendo umha das sociedades culturais mais dinámicas da Galiza.
COMISIÓN DE FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO
arirquetoca 17/04/2008 - 16:54
Porque revolucionaron o barrio e teñen a todo o mundo encantado. Recuperaron as festas e promoven actividades e cultura todo o ano
MUSEO ABELARDO MIGUEL
uxia-andion 17/04/2008 - 11:30
A concesión do premio ao pintor Abelardo Miguel permitirÃa facer ao concello un Museo permanente cas obras que o pintor testou á vila e que levan vinte anos agardando un lugar digno para o desfrute de todolos galegos .
Abelardo Miguel López Leira, (1918-1991) “Abelardo Miguelâ€?. Artista de talla excepcional e extraordinariamente prolÃfico adicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes, en especial as xentes de mar.
Abelardo Miguel, autor dunha das obras mais singulares que ten existido na historia da pintura galega, articula unha perfecta simbiosis entre unha idea absolutamente persoal de criazón artÃstica e uns arraigados esquemas vitais marcados pola súa identidade galega. Ostenta auténticos valores de coñecemento e creazón, e é posuidor dun incuestionable idiolecto estético, trazos inherentes dun estilo único e irrepetibel e por lexÃtimo dereito ten que ser considerado figura señeira da Arte galega.
Pese aos anos de esquecemento arredor da singular figura deste artista, existencialmente galego e universal, a súa obra adquire hoxe plena vixencia, tanto nas novas tendencias no eido da EtnografÃa, coma por ser constatación evidente da existencia dunha Arte identitaria galega que está a ser debatida na actualidade. .
ATENEO FERROLAN
xmcv1978 16/04/2008 - 12:39
Por ser un lugar de encontro para a cultura galega dende 1979 en Ferrol e pola súa transcendencia no resto do paÃs.
Fundación RodrÃguez Iglesias
CVF 12/04/2008 - 18:46
Por abrir un novo eido cultural desde a cidade da Coruña para toda Galicia e o mundo enteiro, continuando a estela iniciada no ano 1991 co Proxecto Galicia.
Isaac DÃaz Pardo
citroniano 10/04/2008 - 22:31
Porque poucos tiveron tantas iniciativas culturais como el, e porque ainda temos a sorte de poder recompensalo por toda unha vida adicada á nosa cultura.
Galicia Bilingüe
xacataca 10/04/2008 - 12:31
Iniciativa subvencionada en defensa da cultura do paÃs.
A Isaac DÃaz Pardo
buarque 09/04/2008 - 18:40
Porque todos os proxectos culturais que botou para diante (Ediciós do Castro, etc) están a piques de morrer
Candidatura á UNESCO da tradición oral galego-portuguesa
Calidonia 09/04/2008 - 15:29
Pola necesidade de fortalecer as ligazóns coa lingua e a cultura alén Miño.