Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Nigrán solicita a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O concello de Nigrán comunicou a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a súa adhesión á futura Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Enviada por valminor valminor o 16/07/2007 18:19

Un fito insólito tendo en conta que se trata dun concello da costa e nas Rías Baixas, onde a presión urbanística dos últimos 15 anos provocou un encarecemento da vivenda insostible para a maioría dos veciños nativos da comarca, a máis de provocar un forte impacto coa construcción en plena liña de protección de costas.

O concello de Nigrán comunicou a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a súa adhesión á futura Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Un ente público de natureza consorcial para o desenvolvemento en común pola Administración autonómica e os municipios integrados das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo.

Adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

A súa finalidade esencial é velar pola utilización racional do solo conforme ao disposto na normativa reguladora do urbanismo, a ordenación do territorio e o litoral e as súas funcións son entre outras, a inspección e vixiancia urbanística sobre os actos de edificación e uso do solo; a adopción de medidas cautelares previstas na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; a instrucción dos expedientes de reposición da legalidade e dos expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas.Si entre os primeiros pasos do novo Goberno de Nigrán estivo o arquivo definitivo do PXOM con esta adhesión o Concello de Nigrán da un paso máis de cara a un urbanismo transparente e distánciase da política obscurantista do anterior goberno.

Así o Concello de Nigrán asegura "velará pola legalidade urbanística en estreita colaboración coa Xunta de Galicia e a Axencia de protección atribuirase as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística do concello. "

Axenda 21 Local e participación cidadá.
Así mesmo o novo goberno comezou a dar os primeiros pasos en materia medioambiental e de sostibilidade, arrancado coa creación de consellos sectoriais que participen na creación da Axenda 21 Local e o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: