Manuel Fraga respondeu ás declaracións do Alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, dicíndolle que ninguén quere trasladar a Dirección Xeral da Garda Civil dende A Coruña ata Santiago, intentando rematar así coa polémica iniciada polo alcalde coruñes.
As declaracións de Francisco Vázquez nas que indicaba que a Xunta está intentando favorecer a Santiago a costa doutras localidades, apoiada polo rumor do intento de traspaso da Dirección Xeral da Garda Civil, provocou que Manuel Fraga respostara a tales comentarios dicindo que non hai ningún plan para cambia-la sede da Garda Civil. Ademáis, Diz Guedes, subdelegado do Goberno na Coruña, expresou a idea de que Francisco Vázquez "fai todo isto porque está no medio da campaña electoral" producíndose así, un novo cruce de declaracións entre membros do PSOE e do PP.