A asociación de empresas galegas de Internet, Eganet, vén de estrear a súa páxina web. Logo da súa creación o 31 de marzo deste ano, sae agora á luz na rede, onde conta a súa historia, os seus obxectivos, a acta de constitución, os estatutos, a directiva, etc. Eganet naceu a partir do chamado "Proxecto Alfa", que xurdiu hai uns meses coa fin de aglutinar ás empresas do sector de Internet en Galicia e así poder facer fronte aos intereses dos asociados, así como a contribución dun desenvolvemento óptimo das novas tecnoloxías neste país.
.