A semana pasada abría o prazo para presentar a declaración da Renda '99, tanto polas cauces tradicionais como a través de Internet. Pois dende entón, varios cidadáns denunciaron a Vieiros que en estancos de algunhas cidades e vilas de Galicia non é posible atopar os impresos necesarios para declarar a Facenda. Este é un feito que, desgraciadamente, acontece todos os anos por estas datas. Dende aquí recomendamos insistir en cada estanco para que dispoñan de copias en galego ou facelo a través de Internet, onde existen tamén modelos en galego de declaración.
.