A Asociación de Comerciantes solicitou onte ós responsables da dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial que, axilicen as obras do saneamento da cidade, reforzándoas con máis traballadores e pechando as zonas cos traballos xa realizados.
Nun escrito remitido a consellería, os comerciantes lembran que o alcalde, Manuel Pérez, comprometeuse onte a solicitar ó departamento de Obras Públicas as súas mesmas demandas. Para os comerciantes, o obxectivo que persiguen é claro: evitar que estas obras sigan a "perxudicar ó comercio da cidade, sobre todo, da Gran Vía, onde o acceso e máis complicado para os compradores. Tamén, os comerciantes, solicitan que se lles retiren as verxas nas zonas onde xa se instalaron as tuberias e, que se fagan turnos de noite de traballo. Entre as peticións que se lle fan á consellería e mailo concello, figura a posibilidade de que se estudie unha axuda económica para eles polas perdas sufridas por causa das obras. Pola súa banda, Manuel Pérez comunicou onte ó presidente da asociación, Antonio Reguera que, o concello non "lles indennizará" xa que este apartado non esta previsto na lei aínda que, se intentará darlles unha "compensación" que podería consistir en avantaxes fiscais e dacordo as ordenanzas municipais.