A editorial Galaxia publicará nos vindeiros meses a obra 'Obediencia' en papel e en formato dixital.
O XXII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) xa ten gañador: o xornalista e escritor Antón Lopo. O xurado do certame galardoou a obra Obediencia que se presentou baixo o lema “Gödel”.
A novela ambientada nunha Compostela do século XXII, unha cidade-estado independente e republicana, mentres a vella Galiza está desertizada en boa parte baixo unha eterna nube tóxica.
O xurado formado por Inmaculada Otero Varela, Manuel Santiago Fernández, Xosé Manuel Eiré, Carlos Lema e Valentín García Gómez salienta “a imaxinación creadora e a habilidade para contruír unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, as imaxes visuais do cinema de ciencia ficción, e a intriga dunha trama que se desenvolve freneticamente cuns personaxes ben trazados e protagonizada por unha muller”.
A obra galardoada vai ser publicada este ano en papel e en formato dixital. O premio está tamén dotado de nove mil euros.