Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SISTEMA DE BENESTAR

Zapatero: “Toca reformar as pensións xa”

O presidente do goberno español recoñeceu que a prioridade do goberno para os vindeiros meses é cambiar as condicións do retiro laboral.

Redacción - 14:00 08/07/2010

José Luís Rodríguez Zapatero admitiu diante dos xornalistas o que xa era evidente nos últimos meses, o goberno español dálle máxima prioridade á reforma do sistema de pensións, que conlevará o aumento de idade mínima para a xubilación e nas cotizacións. Zapatero non puido ser máis claro: “É necesaria a reforma e é necesaria agora”.

O presidente estatal ten previsto tratar “con profundidade” o asunto no Congreso a mediados deste mes e, posteriormente, abrir un período de negociación co resto dos grupos para lograr “o máximo consenso posíbel”. Aínda así, subliñou que a reforma toca independentemente de que o acordo político non sexa total.

O goberno español que xa suxeriu como cerne da reforma o aumento a 67 anos da idade mínima de retiro está a agardar a que a Comisión do Pacto de Toledo remita un informe con recomendacións para o debate da reforma.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: