Os galegos sumaron cinco medallas coas pratas de Pérez (C-2 200 e 500) e Bouza (C-1 5.000) e os bronces de Portela (K-1 200 e K-4 500).
Teresa Portela gañou duas medallas
Cinco medallas foi o balance dos piragüistas galegos no Campionato de Europa que concluíu esta fin de semana en Trasona (Asturias). Carlos Pérez Rial e Teresa Portela sumaron dous triunfos cada un e Xosé Luis Bouza foi o protagonista do quinto.
O pontevedrés Carlos Pérez Rial 'Perucho' levou a prata K-2 tanto na distancia de 200 metros como na de 500 metros, xunto co seu compañeiro Saúl Craviotto co que é o actual campión olímpico.
Teresa Portela, pola súa parte, sumou outras dúas medallas de bronce: unha en solitario en K-1 200 e outra xunto coa tamén galega Sonia Molanes, Beatriz Manchón e Jana Smidakova en K-4 500.
Por último, o canoista Xosé Luís Bouza obtivo outra medalla de prata na proba de K-1 5.000 metros, unha distancia que aínda non é olímpica. Mentres, os galegos David Maqueira e Xacobe Domínguez acadraon o oitavo posto en C-2 200 metros e un sétimo en C-2 500.
Alemaña, Hungría, Inglaterra e Bielorrusia foron os países que máis medallas acadaron. A próxima gran cita será o Mundial de Piragüismo, que se celebra en Poznan (Polonia), do 19 ao 22 de Agosto.